Víctor Aneiros | Blues

28/Nov/2014 - 11:55pm

Víctor Aneiros | Blues
Víctor Aneiros: voz, guitarra; Fran Rey: piano.

Víctor Aneiros Víctor Aneiros edita un novo disco, o sétimo da súa discografía oficial, e bautízao co inequívoco título de A soidade pide copas nos bares. Edita, unha vez máis, o selo vasco Gaztelupeko Hotsak, que xa ten no seu catálogo cinco discos do músico de Ferrol. Trátase de versións acústicas tiradas de tres discos anteriores. En absoluto desenchufadas, as pezas compoñen un sublime fresco arredor da melancolía. As versións de Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte e Autor de westerns cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros e medran en intensidade coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista, Fran Rey, que mantén fermosos diálogos bohemios, case parisiens, co seu acordeón.